Purgado de Anova por un email anónimo. O ataque das ciber-purgas.

Imaxe

Purgado por un email anónimo en Anova. O ataque das ciber-purgas.

Algún debe de acabar de descubrir que por internet tamén se poden facer purgas e comeza a abrir novos camiños inexplorados, coa fin de poñer en práctica unha das prácticas máis desconcertantes das que se teña recordo nunha forza presuntamente democrática.
Un cargo orgánico de Bueu recibiu a notificación vía correo electrónico non asinado, isto é, anónimo, de que non consta como militante no censo de afiliados e polo tanto desde ese momento deixaría de recibir máis información da organización.
Por certo, alguén sabe quen controla os censos?
Deixamos constancia do testemuño da súa “ciberpurga”:
https://www.facebook.com/AnovaPlural?fref=ts
“Xabi Castro
Cando comezouse a recoller as fichas de afiliación, eu afilieime e entreguei a miña ficha na comarca do Morrazo, pondo a miña dirección en Bueu. Antes xa foran as eleccións e eu coma moitos e moitas de nos non so colaboramos co traballo de unha campaña senón que tamén aportamos cartos, pequenas cantidades para carteis fotocopias…, eu non puiden achegar os 500€ coma a Concha Trigo, mencino porque na 1ª AN apurouse a decilo dende o palco, pois estaba no paro e sigo nel.
Pois ben, eu creo que a modificación de estatutos que se produce despois da 1ª AN non esta correcto, así o manifestei os compañeiros e compañeiras da comarca o igual ca os e as de Bueu, localidade onde vivo, e onde ata un par de días tiña unha responsabilidade dentro da asemblea local.
Todo isto? pois resulta que co tema da conferencia pasada recibo varios correos, dende a organización nacional, e dos dous responsables do correo de anovaBueu, para dicirme que estou en situación irregular, xa que non estou inscrito na localidade de Bueu, en fin non entendo nada, e entran en contradición. Por un lado dinme que estou afiliado na localidade de Cangas e por outro que a localidade de Cangas non figura porque non rexistrou non sei que formalismo. dito isto agora vou compartir o ultimo correo que recibo d@s compas de Bueu:

” Ola Xabi!

Despois de recibir o Censo actualizado, comprobo que o teu nome non aparece de alta na Asemblea Local de Bueu, polo tanto como Responsable Local procedo a darte de baixa nas túas reponsabilidades como membro da Coordinadora Local e encargado de Finanzas, e paralelamente procedo a executar a baixa do grupo de traballo Gruta B, ademáis como xa non eres militante de Anova Bueu, non podemos compartir contigo ninguhna información que estea destinada exclusivamente a militancia, Saúdos Nacionalistas!”
coma sempre sen asinar, reclamei varias veces que se identificaran, pero non ai resposta, so sei que os que manexan o correo son Carlos Outeiro e TaiaraV”

Desfibrilarse ou morrer

Imaxe

Desfibrilarse ou morrer

Así estaba hoxe unha reunión nacional de Anova xusto antes de que falase voceiro nacional.
A isto nos está a levar a situación insostible xenerada por un aparello asfixiante da democracia interna e as liberdades.
Estannos levando a unha situación onde a única opción vai ser a de tirar de desfibrilador.