O palleirismo saíu derrotado non por 11, senón por 28 (11+17 compañeiros purgados de Redondela).
Esiximos que volten á súa casa, a casa de todos.
O palleirismo saíu derrotado non por 11, senón por 28 (11+17 compañeiros purgados de Redondela).
Esiximos que volten á súa casa, a casa de todos.
Algún debe de acabar de descubrir que por internet tamén se poden facer purgas e comeza a abrir novos camiños inexplorados, coa fin de poñer en práctica unha das prácticas máis desconcertantes das que se teña recordo nunha forza presuntamente democrática.
Un cargo orgánico de Bueu recibiu a notificación vía correo electrónico non asinado, isto é, anónimo, de que non consta como militante no censo de afiliados e polo tanto desde ese momento deixaría de recibir máis información da organización.
Por certo, alguén sabe quen controla os censos?
Deixamos constancia do testemuño da súa “ciberpurga”:
https://www.facebook.com/AnovaPlural?fref=ts
“Xabi Castro
Cando comezouse a recoller as fichas de afiliación, eu afilieime e entreguei a miña ficha na comarca do Morrazo, pondo a miña dirección en Bueu. Antes xa foran as eleccións e eu coma moitos e moitas de nos non so colaboramos co traballo de unha campaña senón que tamén aportamos cartos, pequenas cantidades para carteis fotocopias…, eu non puiden achegar os 500€ coma a Concha Trigo, mencino porque na 1ª AN apurouse a decilo dende o palco, pois estaba no paro e sigo nel.
Pois ben, eu creo que a modificación de estatutos que se produce despois da 1ª AN non esta correcto, así o manifestei os compañeiros e compañeiras da comarca o igual ca os e as de Bueu, localidade onde vivo, e onde ata un par de días tiña unha responsabilidade dentro da asemblea local.
Todo isto? pois resulta que co tema da conferencia pasada recibo varios correos, dende a organización nacional, e dos dous responsables do correo de anovaBueu, para dicirme que estou en situación irregular, xa que non estou inscrito na localidade de Bueu, en fin non entendo nada, e entran en contradición. Por un lado dinme que estou afiliado na localidade de Cangas e por outro que a localidade de Cangas non figura porque non rexistrou non sei que formalismo. dito isto agora vou compartir o ultimo correo que recibo d@s compas de Bueu:
” Ola Xabi!
Despois de recibir o Censo actualizado, comprobo que o teu nome non aparece de alta na Asemblea Local de Bueu, polo tanto como Responsable Local procedo a darte de baixa nas túas reponsabilidades como membro da Coordinadora Local e encargado de Finanzas, e paralelamente procedo a executar a baixa do grupo de traballo Gruta B, ademáis como xa non eres militante de Anova Bueu, non podemos compartir contigo ninguhna información que estea destinada exclusivamente a militancia, Saúdos Nacionalistas!”
coma sempre sen asinar, reclamei varias veces que se identificaran, pero non ai resposta, so sei que os que manexan o correo son Carlos Outeiro e TaiaraV”
Así estaba hoxe unha reunión nacional de Anova xusto antes de que falase voceiro nacional.
A isto nos está a levar a situación insostible xenerada por un aparello asfixiante da democracia interna e as liberdades.
Estannos levando a unha situación onde a única opción vai ser a de tirar de desfibrilador.
Este domingo, 19 de xaneiro terá lugar unha Asemblea Aberta en Compostela para toda a militancia crítica e comprometida de Anova-IN e para simpatizantes, votantes e xentes comprometidas co tecido social. Desde a militancia de base faise esta autoconvocatoria coa clara convinción de que sen participación non é posibel nen democracia, nen mudanza, nen alternativa. Está aberta a todas aquelas persoas que compartan os principios consensuados que deron lugar ao Novo Proxecto Común, e posteriormente foron aprobadas na Asemblea Constituínte de Anova nos seus principios políticos.
Orde do día:
1. Análise critica de Anova
2. Estratexia de Acción a desenvolver colectivamente
A hora e o lugar exacto da Asemblea é ás 10.30 da mañá no Hotel Peregrino de Compostela.
Localización
Avda. Rosalía de Castro s/n. 15706 Santiago de Compostela (Galiza)
Que pasa na Coruña?
Por que nos mantemos na Coruña fóra da fronte ampla social que leva funcionando desde xa fai un tempo?
Non hai sinerxias?
Que Anova do Norte non perda o idem!
A fronte de esquerda na Coruña
Mario L. Rico (Anova): “Carmen Iglesias coñecía o pacto previo da AGE” pic.twitter.com/9vuyoHHht5
— GxD Radio Galega (@GxDRadioGalega) noviembre 20, 2013
Debe estar conectado para enviar un comentario.