ANOVA-IN como medio, non como fin en si mesma

Estándar

1558553_1450151221880066_717993537_nEste domingo, 19 de xaneiro terá lugar unha Asemblea Aberta en Compostela para toda a militancia crítica e comprometida de Anova-IN e para simpatizantes, votantes e xentes comprometidas co tecido social. Desde a militancia de base faise esta autoconvocatoria coa clara convinción de que sen participación non é posibel nen democracia, nen mudanza, nen alternativa. Está aberta a todas aquelas persoas que compartan os principios consensuados que deron lugar ao Novo Proxecto Común, e posteriormente foron aprobadas na Asemblea Constituínte de Anova nos seus principios políticos.

Orde do día:
1. Análise critica de Anova
2. Estratexia de Acción a desenvolver colectivamente

 A hora e o lugar exacto da Asemblea é ás 10.30 da mañá no Hotel Peregrino de Compostela.

 Localización
Avda. Rosalía de Castro s/n. 15706 Santiago de Compostela (Galiza)

Deixar un comentario